editorial.png

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

O BORDE LITORAL  

Este inverno vivimos uns fenómenos meteorolóxicos bastante adversos, intensas choivas, fortes temporais que deixaron pegadas de destrucción no borde litoral, no Val Miñor pero tamén no resto de Galicia.
Esta primavera A Groba vai poñer un especial interés na costa, imos organizar algunhas rutas para descubrir ou reatopar esas paraxes polas que pasamos durante todo o ano. 
Temos falado dabondo da importancia que ten unha correcta ordeación do territorio, para un desenvolvemento máis sostible das poboacións, para a conservación dos espazos forestais e sen dúbida unha boa ordeación sería quen de evitar todos os estragos que sufrimos este inverno. 
Demos conta da desfeita na Foz, o paseo de madeira foi totalmente destruido pola enchente ¿será porque o paseo discorre invadindo o espazo de A Foz? Unha ordeación do territorio racional levaríanos a usar o litoral como área de disfrute respetando a sua naturalidade, mantendo a sua calidade ambiental e non usándoa como un área para servizos terciarios. 
A pésima ordeación do territorio é o que nos ten levado os desastres que os noticieiros relataron o longo de todo o inverno como consecuencias do "mal tempo". Un suma e segue de despropósitos, desorden urbanístico e paisaxístico son os responsables. Molles, pantaláns, paseos marítimos, sendas, estradas, autoestradas, viaductos, desvíos de cauces, rexeneracións artificiais de praias, urbanizacións de chalets e edificios... Ter unha planificación do territorio é moi importante, así como escoller deseñar de xeito sostible os elementos que deben acompañar. Debería estar establecido, por exemplo que os accesos a espacios protexidos se fagan con elementos que non agredan, por exemplo paseos de madeira, que os paseos que se fan ás beiras de costa ou ríos non se fagan con elementos que degraden o medio nin se utilicen materiais que poidan acabar nas augas do mar nin no leito do río. 
Seguramente hai exemplos de boas actuacións, coidadosas co medio ambiente, sostibles, pensadas, deseñadas e executadas con elementos naturais, etc. Esa debe ser a tónica xeral. 
Se queremos disfrutar todos dos areais e mantelos para as xeracións futuras, necesitamos ir pensando en facer cambios nos usos que lles damos, é hora xa de non actuar contra a dinámica da costa sino a favor dela.


NOVA SENTENCIA SOBRE OS BUNGALÓS DO CAMPING DE A LADEIRA EN BAIONA  

 

 

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da unha volta no caso de demolición dos bungalós do Camping de A Ladeira en Baiona

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sentenciou a demolición dos 34 bungalós do Camping de A Ladeira en Baiona no ano 2005 agora solicita a razón da ausencia de licencia ó Concello


O CULTIVO DE COGOMELOS EN COUSO

21 hectáreas para a producción de shiitake

A Comunidade de montes de Couso en Gondomar inicia a actividade de cultivo de cogomelos á busca da rendabilidade do monte e na procura de xeración de emprego


TRANSPORTE E FOGARES ELEVAN AS EMISIÓNS DE DIÓXIDO DE CARBONO

Galicia contamina máis que hai 25 anos

Un estudo elaborado pola Consellería de Medio Ambiente indica que as emisións do transporte e dos fogares, cun aumento por riba do 40%, indican que Galicia contamina máis que hai 25 anos


AS RÍAS BAIXAS ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AVES 

 

O goberno inclúe na rede europea Natura2000 39 espazos mariños

O Boletín Oficial do Estado publica a incorporación de 39 novos espazos mariños como zonas de Especial Protección para as Aves na rede europea Natura 2000.


ADXUDICADO O PROXECTO DE DERRUBA DO TALASO ATLÁNTICO EN OIA 

O Concello de Oia comunicou a adxudicación o Xulgado

O Concello de Oia enviou unha comunicación o Xulgado do Contencioso administrativo número 3 de Pontevedra informado da adxudicación da derruba do hotel Talaso Atlántico.


SOBRE A MALA XESTIÓN DA REDE NATURA 2000 EN GALICIA 

Algúns motivos polos que consideramos“nefasta” a xestión da Rede Natura 2000

A Rede Natura 2000 existente, o 12% do territorio, adolece dun grave problema que compromete o seu valor e existencia para o futuro: a fragmentación. Unha boa xestión da mesma podería proporcionar servizos ecosistémicos por valor duns 200-300 mil millóns de euros ó año.

 


 

 

Varios colectivos organizaron unha xornada de sensibilización medioambiental

A actividade estivo organizada polo Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo-A Guarda, en colaboración co Concello de Nigrán, a Confradía de Pescadores "A Anunciada" de Baiona, a Asociación de Redeiras Baixo Miño-Atalaya, a CEMMA, a plataforma pola Defensa da Ría de Vigo-Cíes, ADEGA e SOCOMGAL.


O Banco Galicia é unha enorme montaña submarina, un punto quente de biodiversidade a escalar rexional

O afundimento do Prestige en novembro de 2002 descubriu unha extensa contorna submarina situada a pouco menos de 200 quilómetros da costa galega. O Banco Galicia é unha enorme montaña submarina con pendentes que alcanzan os 5.000 metros de profundidade.


RESIDUOS ¿CANTO TARDAN EN DESAPARECER? 

Unha aproximación ó tempo que poden tardar en desaparecer os residuos que votamos ó mar 

O verán é tempo de pasear e disfrutar dos espazos naturais, compartimos unha táboa de tempo aproximado que tardan en desaparecer os residuos que se votan ou que podemos atopar nas augas dos nosos mares. 


PRESENTADO O PROXECTO DE RECUPERACIÓN DO MUÍÑOS 

 

O concello de Nigrán presentou o proxecto de recuperación da senda do río Muíños

O Concello de Nigrán ven de aprobar o proxecto de recuperación da senda do río Muíños por un importe que alcanza os 812.123€. O proxecto abrangue 9 kilómetros, dende o nacemento do caudal do Muíños na parroquia de Chandebrito ata a súa desembocadura en Praia América.


O CABALO GALEGO DO MONTE 

Un recente traballo coa participación do CSIC destaca o seu valor ambiental

Un estudo nos que participaron investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) aposta por manter o réxime de manexo tradicional do cabalo galego de monte.


FALANDO COA DIRECTIVA DA COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS 

Proxectos para un monte multifuncional

O presidente, Alberto Covelo e cinco membros máis da comunidade de Montes de Vincios cóntanos para o Boletín de decembro de A Groba a súa visión sobre os incendios forestais, a súa idea de xestión do monte, entendendo o mesmo como sostible e multifuncional. Póñennos o día de actividades que están a facer, obxectivos que se plantexan e plans de futuro, retos e as dificultades coas que día a día se atopan.



O RÍO ZAMÁNS NO PEGO NEGRO

 

 

 

 

 


PLANTAS INVASORAS DE GALICIA Bioloxía, distribución e métodos de control

 

 

  


Cronoloxia incompleta dos feitos que achegaron o camping Ladeira

 

 

 

 
Joomla Templates and the Joomla Book